O vicepresidente, Rafa Domínguez, asiste á terceira xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa Pontevedra
24/04/2024
O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á terceira xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título Perspectivas Económicas 2024. No acto, que tivo lugar no Liceo Casino de Pontevedra, interviñeron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago; a directora territorial do Banco Santander, Rocío Pazos; e o economista xefe do Grupo Santander, Juan Cerruti. Ela e eles expuxeron a súa visión e reflexións sobre os datos e tendencias clave do panorama económico actual e do futuro.