A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste á clausura da asemblea de empresas de CEAGA
24/04/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á clausura da asemblea de empresas do Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA), que tivo lugar hoxe no hotel Attica21 de Vigo, e no que se presentou o novo plan estratéxico da entidade. O acto foi clausurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contou coa participación de autoridades locais e galegas, coma a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, ou a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.