Luis López sobe á bicicleta de montaña para participar na vixésimo sexta edición da Ruta do Salmón da Estrada

17/05/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este venres na vixésimo sexta Ruta do Salmón da Estrada, unha marcha cicloturista de 40 quilómetros e un desnivel acumulado de 700 metros pola contorna natural deste concello da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. O mandatario provincial compartiu percorrido coa veciñanza desta comarca, cos amantes do ciclismo e cos integrantes da peña ciclista Bikestrada, que levan máis de dúas décadas impulsando iniciativas deportivas e saudables como esta marcha ciclista.

Coa súa participación nesta proba ciclista, o presidente provincial amosa a aposta da Deputación polo deporte, que non só se traduce no apoio a actividades como esta proba ciclista, senón tamén no fomento da actividade física e a organización de eventos deportivos de interese social en concellos de toda a provincia.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.