A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega de trofeos da Copa 5x5 de balonmán na rúa organizada pola Deputación na cidade de Pontevedra

07/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na Praza de España de Pontevedra na entrega de trofeos da Copa 5x5 de balonmán na rúa, que acolleu por primeira vez este ano a cidade coa participación de equipos mixtos das categorías alevín (rapaces e rapazas nadas entre 2012 e 2013) e benxamín (entre 2014 e 2015).

A copa, organizada pola Deputación, a Federación Galega de Balonmán e o Concello de Pontevedra, consistiu en 5 xornadas nas que se instalou un estadio móbil de minibalonmán onde se celebraron os partidos e diferentes actividades de promoción para fomentar, promover e difundir a actividade deportiva entre a rapazada e integrando, á súa vez, conceptos como a igualdade, a inclusión ou o aproveitamento cidadán do espazo público.