Javier Tourís visita xunto cos alcaldes de Vilanova e Ribadumia a actuación de reparación de firme que se está a desenvolver na EP-9703 Vilanova-Pontearnelas

22/07/2024

Javier Tourís visita a EP-9703 Vilanova-Pontearnelas

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acaba de visitar xunto cos alcaldes de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e Ribadumia, David Castro, a actuación de reparación de firme que se está a desenvolver na EP-9703 Vilanova-Pontearnelas. Tal e como explicou o deputado, trátanse dunhas obras de asfaltado e mantemento deste tramo de estrada provincial que foi habilitado mentres se estaba arranxando a nova ponte de Santa Marta e teñen por obxectivo reparar tamén a ponte antiga que une os concellos de Vilanova e Ribadumia.