A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada provincial Baión-András e impulsar novas actuacións en Ousensa e Igrexa de Caleiro

15/07/2024

Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse esta mañá co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o tamén deputado provincial e tenente alcalde da vila, Javier Tourís, para continuar avanzando no seguinte treito desta estrada provincial.

Ademais de avanzar na esperada e demandada actuación que se vai acometer na estrada provincial entre Baión e András, a deputada provincial e o alcalde estudaron o proxecto que se vai redactar para mellorar un tramo da estrada provincial EP-9703 de Ousensa. Durante a xuntanza, tamén se analizou a mellora que se pretende acometer na estrada provincial EP-9404 Igrexa de Caleiro.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.