A Deputación recibe na Gala de Taekwondo Galego a mención á institución máis colaboradora con este deporte

21/09/2024

A Deputación de Pontevedra acaba de recibir na Gala de Taekwondo Galego a mención á institución máis colaboradora con este deporte. A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez recolleu o galardón no auditorio do Centro Príncipe Felipe, onde agradeceu o recoñecemento “que nos dará máis forza, se cabe, para seguir apoiando aos clubs, aos deportistas e a todo o tecido deportivo da provincia tanto desta como de todas as modalidades deportivas que se practican en Pontevedra”. Tamén amosou o orgullo de acoller en instalacións provinciais a Gala do Taekwondo Galega porque é unha proba máis de que “esta provincia é sinónimo de deporte e de que somos unha administración comprometida co deporte”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.