Os vicepresidentes provinciais Rafa Domínguez e Luisa Sánchez reciben no Pazo da Deputación a Nicolás e Susana Casas, campións de España de taekwondo
08/10/2024
Os vicepresidentes provinciais Rafa Domínguez e Luisa Sánchez acaban de recibir no Pazo da Deputación de Pontevedra aos irmáns Nicolás e Susana Casas, campións de España de taekwondo. “Trátanse de dous irmáns que, pese á súa curta idade, son xa referentes en taekwondo a nivel español” remarcou Domínguez quen subliñou que “é un orgullo para Pontevedra contar con estes dous campións cunha traxectoria que non fixo máis que comezar e que, de seguro, culminará con algunha que outra medalla en Xogos Olímpicos”. Pola súa banda, Luisa Sánchez amosou a vontade de colaboración da Deputación: “encontraredes en nós a unha aliada, porque a nosa vontade é converter a Pontevedra na provincia do deporte e con xente coma vós, Nicolás e Susana, con deportistas que colleitan éxitos competición tras competición e levan o noso nome ao máis grande, témolo verdadeiramente fácil”.