A vicepresidenta Luisa Sánchez mantén un encontro de traballo coa Asociación de Empresarios de Pontevedra
15/07/2024
A vicepresidenta e deputada de Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo este luns un encontro de traballo coa Asociación de Empresarios de Pontevedra (Aempe) co obxectivo de estudar posibles vías de colaboración. Á reunión coa responsable provincial acudiron o presidente da entidade, José María Corujo; o vicepresidente, Francisco José Búa; a secretaria, Diana Pastoriza; e a directora de Edugal, Conchi Pereira.
Esta reunión enmárcase na rolda de contactos que está a manter a vicepresidenta coas entidades empresariais e o tecido asociativo da provincia.