Luis López amosa o interese da Deputación pola seguridade na provincia nun encontro cos responsables do Sindicato Unificado de Policía de Galicia
20/06/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de recibir no seu despacho do Pazo provincial aos responsables do Sindicato Unificado de Policía Roberto González, secretario xeral do SUP en Galicia; Sandra Fernández, secretaria xeral da provincia de Pontevedra; e Jesús Vasconcellos, secretario de Relación Institucionais do Comité Federal de Galicia. Unha reunión de traballo, na que o mandatario provincial amosou o interese pola seguridade na provincia, así como as condicións de traballo e necesidade dos axentes no territorio pontevedrés.