Luis López participa na Estrada no acto de entrega de medallas da Unidade da Policía Autonómica

29/11/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este mércores, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada, no acto de entrega de medallas da UPA, a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia. Unha cerimonia na que participou tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais do vicepresidente primeiro, Diego Calvo, e o alcalde e deputado provincial, José López.