A Deputación entrega os documentos acreditativos das axudas do Plan +Aqua a 15 comunidades de augas do sur da provincia
07/11/2024
O deputado de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, fixo entrega dos documentos acreditativos das axudas do Plan +Aqua a 15 comunidades de augas dos concellos de Arbo, A Cañiza, Crecente, As Neves e Ponteareas que non puideron asistir á xornada organizada o pasado outubro no Pazo provincial. Son 15 das 108 entidades beneficiarias da zona, ás que a Deputación achega máis dun millón de euros para desenvolver proxectos de mellora das infraestruturas e instalacións, implantar sistemas de dixitalización e eficiencia enerxética que melloren a calidade da auga, modernizar os sistemas de tratamento, legalizar as novas concesións, renovar as existentes ou mellorar as captacións e sistemas de almacenamento. En total repartíronse 1,6 millóns a 173 colectivos de toda a provincia.
Ao acto asistiron a Comunidade de Usuarios de Augas Santa Mariña de Sela, a Comunidade de Usuarios de Augas Vila Regadas, Regal Almuíña e Lama, a Comunidade de Usuarios de Augas de Barcela, a Comunidade da Traída de Augas para Uso Doméstico de Cequeliños, a Comunidade de Usuarios de Augas dos Barrios de Rozas (Arbo), a Comunidade de Usuarios de Augas de Consumo Novas, a Comunidade de Usuarios de Augas Parada (A Cañiza), a Comunidade de Usuarios de Augas O Freixo (Crecente), a Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de San Pedro, a Comunidade de Usuarios de Augas de San Xosé de Ribarteme, a Comunidade de usuarios de Augas Taboexa Norte (As Neves), a Comunidade de Usuarios de Augas de Cortellas, a Comunidade de Usuarios de Augas de Camba, a Comunidade de Usuarios de Augas de San Lourenzo de Oliveira e a Comunidade de Usuarios de Augas de Santo Estevo de Cumiar (Ponteareas).