A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

17/10/2024

A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes que a institución organiza este xoves e venres no Museo de Pontevedra. O vicepresidente Rafa Domínguez acompañou a Faciolince nun percorrido por varias das librarías máis singulares da cidade e, a continuación, o deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, recibiuno xunto a Rafa Cabeleira no Pazo provincial, onde percorreron as instalacións e mantiveron un encontro na Sala de Xuntas.

Galerias de imaxes