#PontevedraProvincia

“DA TÚA MAN” E “COMMERCE INSIDE”

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

A Deputación de Pontevedra, en liña co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), ten como un dos seus principais obxectivos, en materia de comercio, o desenvolvemento de mecanismos para situar de maneira eficiente o territorio, e xerar así unha maior competitividade no tecido empresarial da provincia. No ámbito do comercio, en tempos de pandemia e confinamento, os comercios de proximidade estiveron pechados ou sufriron importantes restricións de capacidade, o que lles provocou perdas económicas irrecuperables.


Deste xeito preténdese favorecer a creación, o desenvolvemento e a consolidación de negocios do sector do comercio polo miúdo na provincia de Pontevedra que permitan xerar riqueza e postos de traballo de calidade. E, por iso, tendo en conta as dúas convocatorias publicadas o 11 de setembro de 2021 polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a Deputación de Pontevedra presentou dous proxectos: “Commerce Inside”, dirixido a concellos turísticos, e “Da túa man”, destinado a municipios para apoiar os mercados, as zonas urbanas comerciais, o comercio non sedentario e canles curtas de comercialización.

Estes proxectos, aprobados no marco das citadas convocatorias, preséntanse coma un todo, coa finalidade de reactivar, impulsar, desenvolver e fortalecer o comercio local para dotalo das ferramentas necesarias para darlle resposta a unha contorna cambiante e aos novos retos competitivos pospandemia.

OBXECTIVO E ÁMBITO DE ACTUACIÓN

COMMERCE INSIDE”: impulsar o comercio nas áreas turísticas co obxectivo de acelerar e aliñar o binomio comercio-turismo cara a un novo modelo máis sostible ambientalmente, diversificado e resiliente, co impulso de recursos e experiencias baseadas no cumprimento da normativa, na calidade do emprego, no respecto ao territorio e á biodiversidade e encadrados nas medidas de redución de emisións. As actuacións levaranse a cabo en dez municipios da provincia de Pontevedra: Baiona, Bueu, Tui, Soutomaior, Caldas de Reis, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove.

DA TÚA MAN”: propiciar os cambios necesarios para reactivar o comercio da man, tanto de comerciantes, coa posta en marcha medidas que axuden a modernizar e iniciar a transformación dixital dos seus negocios, coma da cidadanía de cada municipio beneficiario, onde as veciñas e os veciños deben xogar un papel protagonista no impulso dunha actividade esencial para a provincia. As actuacións levaranse a cabo en once municipios da provincia de Pontevedra: A Cañiza, Gondomar, Moaña, Meaño, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, Salceda de Caselas , Tomiño, Poio e Ribadumia.

ACTUACIÓNS QUE SE VAN DESENVOLVER

“COMMERCE INSIDE”

  • Investimentos na vía pública:
    • Subministración e instalación de tótems interactivos que ofrezan información sobre os comercios, as asociacións comerciais e os diferentes atractivos turísticos.
    • Habilitación de zonas de descanso axardinadas, deseñadas baixo a premisa de garantir a accesibilidade universal, próximas ás áreas comerciais de interese de cada municipio e con cargadores solares, asentos e iluminación, así como accións de ornamentación da vía pública.
    • Deseño e instalación de sinalética corporativa para o comercio de proximidade.
  • Dixitalización do sector comercial:
    • Creación dunha plataforma de xestión de áreas comerciais, integrada coas de Tourist Inside, para darlle soporte ao modelo de servizos turísticos e comerciais da provincia de Pontevedra.
    • Creación de contidos vinculados ao comercio en zonas turísticas, orientada ao desenvolvemento e creación de contidos que vinculen o turismo e o comercio, co obxecto de crear nova información que mellore a visibilidade dos comercios nos municipios asociados ao proxecto.
    • Despregamento de puntos wifi en zonas comerciais para fortalecer a conectividade a internet.
  • Sotibilidade e economía circular:
    • Promoción de novos deseños de embalaxe para o comercio de proximidade como alternativa sostible e reutilizable á de plásticos ou papel, utilizando materiais compostables ou reciclados da propia actividade comercial e hidrosolubles.
    • Instalación de illas ecolóxicas con catro contedores cada unha para o depósito de biorresiduos e cartón, utilizadas tamén como punto de información e sensibilización sobre o tratamento e reciclaxe de residuos.
  • Formación:
    • Curso en liña de inglés para comerciantes.
    • Curso en liña de francés para comerciantes.
    • Curso en liña de portugués para comerciantes.

“DA TÚA MAN”

  • Transformación dixital:
    • Desenvolvemento dun portal web e aplicación móbil para darlle visibilidade ao comercio local.
    • Deseño e lanzamento de campañas de comunicación en soportes dixitais para promover a calidade, proximidade e confianza do mercado de proximidade.
    • Desenvolvemento dunha plataforma de macrodatos para a información de tendencias do consumo municipal.
  • Transformación do punto de venda:
    • Instalación e subministración de puntos de recollida intelixentes, smart lockers, con dez ou vinte mobles clasificadores (segundo o número de habitantes de cada municipio).
    • Instalación e subministración de zonas de descanso con cargadores solares, iluminación, mobiliario urbano e zonas axardinadas acondicionadas para o descanso.
  • Sostibilidade e economía circular:
    • Creación e promoción de novos deseños de embalaxe para o comercio de proximidade como alternativa sostible e reutilizable ao de plástico ou papel.
    • Desenvolvemento dun sistema de recollida de pedidos de forma colaborativa localizado no portal web e a aplicación para impulsar os procesos de compra ou colaborativos.
    • Instalación e subministración de illas ecolóxicas para a recollida e separación de residuos, con catro contedores por illa.
  • Sensibilización e formación:
    • Deseño e impartición do curso de competencias dixitais para comerciantes a través da plataforma Moodle.
    • Deseño e impartición do curso de habilidades dixitais para persoas consumidoras vulnerables de forma presencial.
    • Desenvolvemento e impartición do curso de deseño de novas embalaxes sostibles de forma presencial.
  • Creación de sinalética integrada e aplicacións dixitais que faciliten información sobre a oferta comercial:
    • Subministración e instalación de tótems ou mupins que faciliten información, tanto a visitantes coma a residentes.
    • Deseño e implantación de sinalética corporativa para o comercio de proximidade.

Visor das actuacións

DURACIÓN E PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROGRAMAS

12 meses (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022, con posibilidade de prórroga).

IMPORTE E FINANCIAMENTO DOS PROXECTOS
Distribución da achega “Commerce Inside” “Da túa man”

Achega do Ministerio

768.145,00 € 746.259,50 €
Achega da Deputación de Pontevedra (15 % orzamento financiable + IVE) 395.046,00 € 383.790,60 €
Achega dos concellos (15 % orzamento financiable) 164.602,50 € 159.912,75 €
TOTAL 1.327.793,50 € 1.289.962,85
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL
SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN

"DA TÚA MAN"

  • Deseño e impartición do curso de competencias dixitais para comerciantes a través da plataforma Moodle.
  • Deseño e impartición do curso de habilidades dixitais para persoas consumidoras vulnerables de forma presencial.
  • Desenvolvemento e impartición do curso de deseño de novas embalaxes sostibles de forma presencial.

Presentación de solicitudes: o mércores 3 de maio de 2023 iníciase o prazo para inscribirse nas accións de sensibilización e formación do programa, que rematará cando estea cuberto o número total de persoas participantes

Actividades formativas. Prazo aberto

  • Dixitaliza o Teu Negocio
    • Dirixido a: comerciantes
    • Modalidade: en liña
    • Duración: 25 horas
    • Datas: do 26 de xuño ao 26 de xullo de 2023
    • Concellos participantes: Meaño, Silleda, Salceda de Caselas, Poio, O Rosal, Ponte Caldelas, Ribadumia, Tomiño, Gondomar, Moaña e A Cañiza.
  • Habilidades Dixitais para Consumidores
    • Dirixido a: consumidoras e consumidores maiores de 45 anos
    • Concellos participantes e datas:
      • A Cañiza. Aula CEMIT A Cañiza. 29 de xuño de 2023
      • Gondomar. Centro de Desenvolvemento Local. 17 de xullo de 2023
      • Moaña. Padroado Municipal Beiramar. 18 de xullo de 2023
      • Poio. Centro de Formación da Reiboa. 3 de xullo de 2023
      • Ponte Caldelas. Centro Cultural Público Municipal de Ponte Caldelas. 6 de xullo de 2023 
      • Ribadumia. Biblioteca municipal (Casa da Cultura). 10 de xullo de 2023
      • O Rosal. Aula de informática da Escola-Obradoiro Juan Manuel Castro Martínez. 10 de xullo de 2023
      • Silleda. Casa da Xuventude. 28 de xuño de 2023
      • Tomiño. Escola-Obradoiro O Regatiño. 12 de xullo de 2023
  • Deseño de Embalaxe Sostible
    • Dirixido a: centros escolares
      • Salceda de Caselas: CEP Altamira, 01/06/2023
      • O Rosal: CPI Manuel Suárez Marquier, 05/06/2023
      • Ribadumia: CPI Julia Becerra Malvar, 07/06/2023
      • Poio: CEIP de Lourido, 12/06/2023
      • Tomiño: CEIP Pintor Antonio Fernández, 13/06/2023
      • Moaña: CEIP Plurilingüe Domaio, 14/06/2023
      • Gondomar: CEP Xosé Neira Vilas, 19/06/2023
      • A Cañiza: CPI A Cañiza, 19/06/2023
      • Silleda: CEIP Plurilingüe Silleda, 20/06/2023
    • Dirixido a: comerciantes
    • Concellos participantes e datas:
      • A Cañiza. Aula CEMIT A Cañiza. 30 de xuño de 2023
      • Gondomar. Centro de Desenvolvemento Local. 21 de xullo de 2023
      • Moaña. Padroado Municipal Beiramar. 19 de xullo de 2023
      • Poio. Centro de Formación da Reiboa. 7 de xullo de 2023
      • Ponte Caldelas. Centro Cultural Público Municipal de Ponte Caldelas. 4 de xullo de 2023
      • Ribadumia. Biblioteca municipal (Casa da Cultura). 11 de xullo 2023
      • O Rosal. Aula de informática da Escola-Obradoiro Juan Manuel Castro Martínez. 5 de xullo de 2023
      • Salceda de Caselas. Concello de Salceda de Caselas. 29 de xuño de 2023
      • Silleda. Casa da Xuventude. 26 de xuño de 2023
      • Tomiño. EscolaObradoiro O Regatiño. 13 de xullo de 2023

CONVENIOS

TITULO FIRMA VIXENCIA ENTIDADES E ACHEGAS DOCUMENTO
Actuacións do proxecto "Da túa man" 31/05/2023 30/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Rodeiro Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 31/05/2023 30/05/2027 Deputación de Pontevedra (6.522,27 €) e Concello de Pontecesures Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 24/05/2023 23/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello das Neves Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 16/05/2023 15/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Mondariz Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 15/05/2023 14/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Forcarei Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 11/05/2023 10/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Cuntis Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 07/06/2023 06/06/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,21 €) e Concello de Campo Lameiro Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 31/05/2023 30/05/2027 Deputación de Pontevedra (6.538,40 €) e Concello de Barro Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 07/06/2023 06/06/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Arbo Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 01/06/2023 31/05/2027 Deputación de Pontevedra (4.626,60 €) e Concello de Agolada Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 15/05/2023 14/05/2027 Deputación de Pontevedra (13.413,22 €) e Concello de Meis Descargar PDF
Convenio actuacións proxecto "Commerce Inside" Concello de Bueu 02/02/2023 01/02/2027 Deputación de Pontevedra 45.122,93 € Concello de Bueu 18.801,22 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" 02/12/2022 01/12/2026 Deputacion de Pontevedra, 41.822,93 € Concello de Tui, 17.426,22 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" 28/11/2022 27/11/2026 Deputación de Pontevedra, 45.123,58 € Concello de O Grove, 18.801,49 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 23/11/2022 22/11/2026 Deputación de Pontevedra, 27.711,03 € e Concello de Salceda de Caselas, 11.546,27 €. Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" Concello de Soutomaior 23/11/2022 22/11/2026 Deputación de Pontevedra 30.530,93 € Concello de Soutomaior 12.721,22 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" Concello de Sanxenxo 23/11/2022 22/11/2026 Deputación de Pontevedra 41.822,93 € Concello de Sanxenxo 17.426,22€ Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" 22/11/2022 21/11/2026 Deputación de Pontevedra, 28.431,00 € e Concello de Baiona, 11.846,25 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Commerce Inside" 22/11/2022 21/11/2026 Deputación de Pontevedra, 41.822,93 € Concello de Cambados, 17.426,22 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" Concello de Moaña 22/11/2022 21/11/2026 Deputación de Pontevedra, 43.139,43 € e Concello de Moaña, 17.974,77 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 08/11/2022 07/11/2026 Deputación de Pontevedra, 41.639,43 € e Concello da Cañiza 17.349,77 € Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 08/11/2022 07/11/2026 Deputación de Pontevedra, 23.604,43 € e Concello de Ponte Caldelas, 9.835,18 € Descargar PDF
Actuacións do proxecto "Da túa man" 19/10/2022 18/10/2026 Deputación de Pontevedra 34.079,43 € e Concello do Rosal 14.199,77 € Descargar PDF
Actuación do proxecto "Da túa man" 19/10/2022 18/10/2026 Deputación de Pontevedra 46.139,43 € e Concello de Gondomar 19.224,77 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 26/09/2022 25/09/2026 Deputación de Pontevedra 26.532,03 € e Concello de Tomiño 11.055,02 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 28/09/2022 27/09/2026 Deputación de Pontevedra 39.839,43 € e Concello de Silleda 16.599,77 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 26/09/2022 25/09/2026 Deputación de Pontevedra 29.817,03 € e Concello de Ribadumia 12.423,77 € Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 27/09/2022 26/09/2026 Deputación de Pontevedra 46.139,43 € e Concello de Poio 19.224,77 €. Descargar PDF
Actuacións proxecto "Da túa man" 26/09/2022 25/09/2026 Deputación de Pontevedra 17.377,04 € e Concello de Meaño 7.240,43 € Descargar PDF
— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 12 resultados.