#EMPREGO

PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Este plan ten por obxecto facilitar que as persoas tituladas universitarias ou de ciclos superiores e medios de formación profesional poidan acceder, dentro da provincia, a unha primeira experiencia laboral, co fin de adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción laboral no mercado de traballo.


Esta experiencia laboral adquirirase mediante a formalización de contratos laborais en prácticas ou formativos. Para o seu desenvolvemento a Deputación contará coa colaboración dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra e tamén poderá contar coa colaboración de entidades privadas da provincia que, xunto coa Deputación no desenvolvemento do seu propio programa, son as que contratarán as persoas tituladas que resulten seleccionadas.

A selección das entidades colaboradoras e a designación das titulacións dos postos de traballo, que estarán prioritariamente relacionados coa transición ecolóxica, a economía verde, a dixitalización de servizos e a cohesión social, e cos que se promoverá a capacitación e a inserción laboral de colectivos vulnerables e a reactivación de sectores estratéxicos en liña co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, efectuarase de acordo coas bases reguladoras aprobadas pola institución provincial.

Cada un dos programas que integran este plan desenvolverase nas seguintes fases:

  • Primeira: selección das entidades colaboradoras
  • Segunda: selección das persoas tituladas

CONVOCATORIAS

Documentos