A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ás xornadas “Cuestións do litoral”, organizadas pola Universidade de Vigo

04/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe en Vigo á primeira das xornadas “Cuestións do litoral. Visións a partir da doutrina constitucional de 2024”, organizadas polo profesorado de Dereito Administrativo da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo. As xornadas foron inauguradas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e nelas abordouse a xurisprudencia recente nesta materia da man de maxistrados do Tribunal Constitucional, do Supremo, de tribunais provinciais e letrados das administracións públicas competentes para aplicala.