O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación da serie documental “Narcogallegos 2”

02/12/2024

Rafa Domínguez participou na presentación da serie documental Narcogallegos 2

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da serie documental “Narcogallegos 2”, do xornalista pontevedrés Victor Méndez, cuxa preestrea terá lugar mañá, 3 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo Casino de Pontevedra, nun acto que conta coa colaboración da Deputación a través do convenio co Concello para o desenvolvemento de actividades culturais, de lecer e de promoción da cidade de Pontevedra, dotado con algo máis de 130.000 euros.

O vicepresidente provincial destacou o traballo realizado por Narcodiario e por Victor Méndez para esta serie, que mostra o panorama actual do crime organizado en España e que nesta nova entrega ten como fío condutor unha operación policial contra as redes de narcotráfico en Galicia na que se incautaron máis de 5.000 kg de cocaína.