Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega dos primeiros premios Monos de Oro

O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas ao entregar aos Mozos de Arousa un dos galardóns creados polos hostaleiros de Los 3 Monos

21/11/2024

Luis López nos 3 monos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, referiuse ao territorio das Rías Baixas como “unha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” durante a entrega dos premios Monos de Oro 2024, que se entregaron por primeira vez este xoves en Marín a figuras destacadas do ámbito da cultura, o deporte, a gastronomía, as artes ou o entretemento. O mandatario provincial foi o encargado de entregar un destes galardóns, impulsados polo restaurante Los 3 Monos de Aguete, aos célebres Mozos de Arousa.

A gala celebrouse á última hora desta tarde nas instalacións que o Restaurante Los 3 Monos ten aos pés da praia marinense de Aguete. Un acontecemento no que foron recoñecidos polo seu labor persoas que sobresaen en distintos eidos da sociedade como o cociñeiro Pepe Solla, o humorista Xurxo Carreño, a atleta Ana Peleteiro, o actor David Amor, o deseñador gráfico e humorista Luis Davila, o triatleta Javier Gómez Noya, o creador de contido Hugo Pérez, o grupo gañador dun concurso de televisión Mozos de Arousa e o músico Carlos Núñez. Unha festa que contou co espectáculo de maxia de Yago Barral e á intérprete musical  Alexandra Carrera.

Á hora de entregar os premios, o mandatario provincial empregou a súa quenda para personalizar nos hostaleiros de Los 3 Monos a calidade dun sector hostaleiro que é un dos grandes atractivos turísticos da provincia, para destacar a beleza paisaxística das Rías Baixas e as súas praias, “que nada teñen que envexar ás do Caribe”; e para felicitar aos Mozos de Arousa pola súa contribución de promoción da provincia.

Galerias de imaxes