A Deputación ten aberto ata o 18 de xuño o prazo para o pago voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica en 47 concellos da provincia
O ORAL xestionará preto de 290.000 recibos por valor de 17,6 millóns de euros de contribuíntes de 47 concellos
23/04/2024
A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a campaña de recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) de 2024, cuxo pago poderá realizarse de maneira voluntaria ata o vindeiro 18 de xuño incluído. En concreto, son 47 os concellos que teñen delegada a xestión deste imposto no ORAL da Deputación, que neste 2024 xestionará un total de 286.353 recibos por un importe total de 17,59 millóns de euros.
Os 47 concellos que teñen delegada a xestión do IVTM na Deputación son: A Cañiza, A Estrada, A Lama, As Neves, Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
O aboamento do IVTM pode realizarse a través dos diferentes medios de pago habilitados pola Deputación. Así, as e os contribuíntes poderán facer o ingreso a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra-ORAL (ovt.depo.gal); nas entidades bancarias a través da solicitude correspondente; de xeito presencial na rede de oficinas do ORAL; por teléfono, a través do seu Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400), ou por correo electrónico, escribindo a informacion.oral@depo.es. A data de cargo en conta daqueles que teñan os seus recibos domiciliados será o 6 de maio. Malia que xa non é necesaria cita previa para acudir ao ORAL, as persoas que busquen planificar a súa asistencia nas oficinas e evitar esperas innecesarias poden solicitala a través da web, a OVT, a Sede electrónica ou nos teléfonos 886 211 420 ou 886 211 400.