A Deputación leva este venres ata Pazos de Borbén un concerto de Grande Amore no marco do programa provincial +Música
O concerto financiado pola institución provincial terá lugar ás 22:00 horas na Praza do Concello
07/08/2024
A Deputación de Pontevedra financia a través do programa "+Música" a actuación musical de Grande Amore que se celebrará este venres 9 de agosto a partir das 22:00 horas na Praza do Concello de Pazos de Borbén. Con esta iniciativa, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.
O grupo Grande Amore naceu en 2019 e inclúe no seu repertorio unha serie de temas que mesturan o punk, o rock, o pop e o techno. Comezou como un proxecto en solitario de Nuno Pico pero, desde o seu segundo álbum ("II"), consolidouse como unha banda a tres coas incorporacións de Mariagrep e Clara Redondo. Este novo traballo centrará a súa actuación en Pontecesures, cunha duración de arredor de 80 minutos onde soarán as súas principais cancións cun claro selo de rock electrónico.
O concerto de Grande Amore é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. "+Música" ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.