Luisa Sánchez participa na presentación do Open de Taekwondo Cidade do Lérez, que volve este sábado ao Centro Príncipe Felipe da Deputación

04/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes no Concello de Pontevedra na presentación da nova edición do Open de Taekwondo Cidade do Lérez, que organiza o Club Taekanart un ano máis no pavillón polideportivo do Centro Príncipe Felipe da institución provincial. A vicepresidenta lembrou que esta cita reunirá máis de 400 deportistas de diversos puntos da xeografía española, “polo que este torneo volve situar a cidade e a provincia de Pontevedra no centro dunha disciplina que atrae un bo número de afeccionados e supón un enorme escaparate para dar visibilidade ao noso territorio”.

Luisa Sánchez lembrou que “desde o goberno provincial temos claro que hai que soñar ao grande e somos ambiciosos no noso obxectivo de converter a provincia no gran referente mundial dos deportes, albergando probas de todas as disciplinas en todos os concellos do noso territorio”. A vicepresidenta da Deputación agradeceu a implicación de todas as partes organizadoras do torneo, coas que “compartimos unha visión e traballamos conxuntamente para amosar a excelencia do noso tecido e a nosa capacidade para organizar eventos de primeiro nivel” como este Open. “Non teño dúbidas de que volverá estar á altura e este sábado no Centro Príncipe Felipe gozaremos do espectáculo no que se pode converter o deporte”, sinalou Luisa Sánchez.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.