Luisa Sánchez remarca a importancia do estudio de hábitos saudables liderado por ANEDIA e a súa contribución na mellora da calidade de vida das persoas con diabetes
12/06/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde no Pazo provincial da Deputación na presentación do estudo sobre hábitos saudables liderado por ANEDIA e a súa contribución na mellora da calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1. Na súa intervención, Sánchez destacou o carácter “multidisciplinar” do traballo, no que participaron colexios profesionais galegos como o de psicoloxía, o de dietistas-nutricionistas e o de graduados en educación física para afrontar “esta enfermidade que ten aumentado un 10% nos últimos anos e supón un auténtico reto para as familias”. Tamén aproveitou a ocasión para tender a man da Deputación de Pontevedra para colaborar con ANEDIA, “unha entidade que está a desenvolver un traballo impecable, impagable, para mellorar a vida das persoas e do conxunto da sociedade”.