A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á presentación do libro de Roberto Penas “Sentir la vida”
21/06/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Centro Socio Comunitario do Calvario de Vigo á presentación do libro do avogado vigués Roberto Penas “Sentir la vida”. Trátase do seu primeiro libro, poñendo “por fin tapas ao moito escrito”, no que recolle unha colección de relatos cun nexo común que non é outro que un percorrido polas emocións dos seres humanos.