Luis López sitúa o IV Rallymix de Portas como un “dos motores que converten a Pontevedra na provincia do deporte”

A Deputación de Pontevedra reafirma o seu apoio a esta proba deportiva porque “o motor tamén é unha experiencia 100% Rías Baixas”

26/08/2024

Rafa Domínguez recibe no Museo de Pontevedra o pintor Francesc Torres

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar na presentación do IV Rallymix de Portas que acollerá a vila a vindeira fin de semana. Trátase, tal e como subliñou o presidente provincial, dun “dos motores que converten a Pontevedra na provincia do deporte” ao que a Deputación apoia porque “o motor tamén é unha experiencia 100% Rías Baixas”.

“En cada recuncho, en calquera época do ano, somos escenario dalgunha actividade deportiva pero o deste final de verán é insólito”, subliñou o presidente ao recordar que se acaba de celebrar o Descenso Internacional do Miño, que mañá o pelotón de La Vuelta volve á provincia cunha etapa entre Ponteareas e Baiona e que esta fin de semana Portas acolle o Rallymix e Pontevedra o Campionato do Mundo sub 20 de loita. Neste eido, Luis López remarcou “o orgullo” de contar con grandes probas deportivas espalladas por toda a xeografía provincial, “ás que apoiamos porque practicamos o municipalismo tamén desde o deporte”.

O Rallymix de Portas que celebra este ano a súa cuarta edición trátase dunha proba que forma parte do campionato galego de automobilismo, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra “polo arraigo que o deporte do motor ten nesta provincia”. Deste xeito, o presidente destacou que, ademais de impulsar competicións como o RallyMix de Portas, este ano o organismo provincial ten lanzado “programas pioneiros” como  +Talento Motor, “para impulsar unha canteira de pilotos e dar a oportunidade aos afeccionados a este deporte de alcanzar o seu soño”.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.