Luis López explora vías de colaboración coas persoas responsables da Academia Galega do Audiovisual para fomentar a cultura e a economía na provincia a través do cinema

24/03/2024

Colaboración coa Academia Galega do Audiovisual

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, mantiveron unha reunión de traballo co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, e con integrantes da directiva deste organismo para abordar asuntos de interese mutuo para ambas as institucións.

O mandatario provincial coñeceu as liñas de traballo da Academia Galega do Audiovisual e escoitou as necesidades desta entidade, ao mesmo tempo que tendeu a man da Deputación para establecer liñas de colaboración que contribúan a mellorar a saúde do sector e a fomentar a cultura e a actividade económica a través do cinema.