A Deputación avanza na redacción do proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8101 Portas-Romai

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a estrada provincial para analizar os terreos que son necesarios para levar a cabo a actuación

10/09/2024

A Deputación de Pontevedra avanza na redacción do proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8101 Portas-Romai entre o punto quilométrico 0+000 e  o 3+350. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a estrada provincial para analizar os terreos que son necesarios para levar a cabo a actuación e incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que xa está a redactar o servizo provincial de Infraestruturas.

En liñas xerais, Couselo e Martínez realizaron un percorrido pola estrada provincial e estudaron as diferentes alternativas para avanzar na construción dunha vía máis segura para o tránsito peonil. Deste xeito, tal e como avanzaron, está previsto que o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai incorpore a creación dunha senda peonil.

O proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai, tal e como recordou a deputada Isabel Couselo, trátase dunha das principais demandas e prioridades trasladadas polo alcalde de Portas en canto ás estradas provinciais que atravesan a vila.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.