A deputada Isabel Couselo reúnese coa alcaldesa de Cangas para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

16/07/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Cangas do Morrazo, Araceli Gestido, e outros membros do Goberno Local, para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. No encontro, a deputada coñeceu tamén as peticións e propostas do goberno local de Cangas en canto ás vías de titularidade provincial que atravesan o concello.