A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sesión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI)
27/06/2024
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá á sesión do Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Na xuntanza tamén participou a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o director xeral de Comercio, Gabriel Alén Castro, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, o director da AXI, Francisco Menéndez, a directora Xeral de Administracións Local, Natalia Prieto, os concelleiros María José Caride e Carlos López Font, o presidente da Cámara de Comercio José García Costas, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, o xerente do IFEVI, Arsenio Preito e, entre outros, a directora territorial de Mar, Elena Suárez.