A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a pista principal do A1 Padel Galicia Open no pavillón municipal de Pontevedra

26/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, achegouse esta mañá ao pavillón municipal de Pontevedra para visitar a pista principal do A1 Padel Galicia Open  que está a acoller esta semana a cidade do Lérez. Trátase, tal e como recordou a vicepresidenta, “dun evento deportivo de altísimo nivel, que nos está a axudar a poñernos no mapa e concentrará aos mellores deportistas desta disciplina de todo o mundo”.