Luis

Luis López Diéguez

Presidente

Logo partido politico

Naceu en Rodeiro en 1978.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada como técnico de organización e en diversas empresas do sector servizos e outros.

Foi alcalde de Rodeiro desde 2011, cargo que revalidou con maiorías absolutas en 2015 e 2019. Anteriormente, entre 2003 e 2007, foi concelleiro de Cultura, Educación e Deportes.

Desde 2019 e ata o seu nomeamento como delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, en 2021, tamén foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra.

Entre 2011 e 2019 presidiu a Mancomunidade de Terras de Deza.

Desde 2023 é presidente da Deputación de Pontevedra.