#TRANSPARENCIA

Comunicación e publicidade

Na procura de que as actuacións realizadas pola Deputación cheguen á maioría da cidadanía para acadar unha sociedade libre e informada, á vez que se lle dá resposta ao cumprimento das obrigas en materia de transparencia, publícanse aquelas novas de interese para o conxunto da provincia de Pontevedra. Neste apartado é de primordial interese o emprego das novas tecnoloxías, xa que a cidadanía pode coñecer a actualidade da provincia a través das novas publicadas na web, acceder ás aplicacións móbiles da Deputación e ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Publícase información relativa a campañas de publicidade e promoción institucional.


A maiores, neste apartado a cidadanía pode presentar queixas e suxestións, solicitar acceso a información pública e poñerse en contacto coa presidenta da Deputación.