Rafa Domínguez asiste á Xura de Bandeira dos Reservistas Voluntarios e do Persoal Civil na Escola Naval Militar de Marín
04/04/2025
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á Xura de Bandeira dos Reservistas Voluntarios e do Persoal Civil na Escola Naval Militar de Marín. Trala xura, na que as persoas participantes desfilaron para beixar a bandeira, tivo lugar o tradicional acto de homenaxe aos caídos previo ao canto do Himno da Armada.