
#XUVENTUDE
“Campamentos A Lanzada”
2025
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición dos “Campamentos A Lanzada” para este verán. Ofértanse un total de 1.540 prazas destinadas a nenas e nenos da provincia de Pontevedra nados entre 2012 e 2017.
Adxudicación de prazas
- 1.330 prazas adxudicaranse polo procedemento xeral.
- 210 prazas adxudicaranse polo procedemento específico, que se reservarán para menores en situación ou en risco de exclusión social, das cales:
- 175 son para os concellos.
- 25, para menores do Centro Príncipe Felipe.
- 10, para menores en situación de tutela e garda administrativa doutros centros da provincia.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 3 de marzo e rematará o 21 de marzo de 2025.
O programa desenvolverase entre o 22 de xuño e o 6 de setembro, en once quendas, cada unha de sete días de duración. A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída, o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.
A Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna.
Cada grupo visitará a illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.