2025

Bienal de Arte

Do 21 de xuño ao 30 de setembro de 2025


A Bienal de Arte de Pontevedra, promovida pola Deputación e o Museo de Pontevedra e a máis antiga de España, comezou a súa andaina nos anos 60 e acadou status internacional nos 80. Tras quince anos de ausencia, regresa como un evento cultural internacional que busca celebrar a arte e fomentar o diálogo sobre a cultura contemporánea.

Esta edición, a 32.ª, comisariada por Antón Castro, crítico e profesor de renome internacional, terá o Museo de Pontevedra como epicentro e estenderase por toda a cidade, que se converterá nunha protagonista máis ao albergar nas súas prazas, fachadas e edificios emblemáticos as obras de máis de sesenta artistas internacionais de primeiro nivel.

Baixo o lema "Volver a ser humanos… ante a dor dos demais", a bienal abordará temas que marcan o discurso existencial contemporáneo: guerras, cambio climático, migracións, crises sociais, autoritarismo, democracia, entre outros.

A cidade de Pontevedra converterase, desde o 21 de xuño ata o 30 de setembro, nun escenario vibrante de reflexión, debate e celebración da cultura contemporánea.

— 9 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 9 de 15 resultados.