A Deputación avanza na organización da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra coa contratación do servizo de seguridade e vixilancia dos espazos expositivos e as obras

Rafa Domínguez anunciou a posta en macha do proceso, ao que a institución provincial vai destinar preto de 200.000 euros para “garantir a seguridade tanto dos espazos expositivos como das obras que exporemos, así como artellar o correspondente seguro de obras de arte”

14/03/2025

RAfa domínguez

A Deputación de Pontevedra avanza na organización da 32ª edición da Bienal de Arte coa aprobación do expediente para contratar o servizo de seguridade e vixilancia da mesma, ao que destinará preto de 200.000 euros. Así o anunciou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, que explicou que o obxectivo é “garantir a seguridade tanto dos espazos expositivos como das obras que exporemos, así como artellar o correspondente seguro de obras de arte”.

A Bienal de Arte terá lugar na cidade de Pontevedra entre o 21 de xuño e 30 de setembro de 2025, baixo o título “Volver a ser humano. Ante a dor dos demais” e o obxectivo é que a empresa que exerza a vixilancia comece o 1 de xuño no Pazo da Cultura e o 15 de mesmo mes no resto dos espazos expositivos (o convento de Santa Clara, a Sala Moldes da Escola de Belas Artes e a sala de exposicións da Fundación Rosón de Arte Contemporáneo), estando operativa ata o 31 de setembro en todos os casos.

“Quedan tres meses para que comece a 32 Bienal de Arte de Pontevedra e seguimos avanzando, traballando para converter a este acontecemento na mellor cita de arte de Pontevedra”, asegurou o vicepresidente provincial, que lembrou ademais que a Bienal será “un  auténtico escaparate para a creatividade e o talento e a promoción do intercambio cultural, o diálogo e a colaboración entre artistas locais, nacionais e internacionais”.

videos

audios