#MulleresQueOpinan

AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS

2024

Venres 15 e sábado 16 de marzo de 2024

Teatro Principal, Pontevedra

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos


Este 15 e 16 de marzo de 2024 volven as #MulleresQueOpinan ao Teatro Principal de Pontevedra. Chegamos á sétima edición sendo un evento xa consolidado e coa responsabilidade de ser fieis aos sinais de identidade deste foro: seguir pendentes da actualidade, con temáticas novas que non estiveron presentes nas edicións anteriores, mesturar rostros moi coñecidos con outros nomes que permitan descubrirlle ao público mulleres profesionais que fan un gran traballo e moi especializado nos medios, darlle protagonismo ás profesionais locais e galegas, e prestarlles atención ás comunicadoras que fan opinión a través de novos formatos que conectan coas novas xeracións (activistas e creadoras de contido en Instagram, Twich, TikTok, podcasts ou Youtube). A nosa teima é rodearnos de referentes da profesión para amosar e reivindicar o camiño andado por elas, sen esquecernos de que hai futuro, porque hai canteira.

Setenta e cinco profesionais do xornalismo e da comunicación estiveron en Pontevedra desde 2018 e forman parte da rede As Mulleres que Opinan Son Perigosas, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión. Ademais, este encontro é agora moito máis do que se propoñía na primeira edición, porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden a axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes. Son perigosas as mulleres que descobren outras mulleres, as que tecen redes e fan do xornalismo unha resistencia feminista.

Nesta sétima edición escoitaremos catorce profesionais de diferentes perfís para seguir amosando que aínda temos moito que contar, que estamos aquí, que non hai marcha atrás e que As Mulleres que Opinan Son Perigosas é o punto de encontro necesario para visibilizar e reivindicar o espazo que as mulleres merecen no xornalismo e nos ámbitos de poder e de opinión.

PROGRAMA

Venres 15 de marzo

  • 12:00 h Inauguración
    Diana López e Susana Pedreira co Concello e coa Deputación  Ver en Youtube
  • 12:30 h Gañadoras do I Premio Opinión #MulleresQueOpinan:
    Carolina Sertal e Carmen G. Magdaleno  Ver en Youtube
  • 13:15 h “Entender e desmontar o machismo: ‘eres una caca’”
    Lula Gómez, guionista, podcaster e realizadora audiovisual  Ver en Youtube
  • 14:00 h Pausa para xantar
  • 17:00 h “A beleza e a opinión nunca deben morrer”
    Mercedes Corbillón, de Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia  Ver en Youtube
  • 17:45 h “Desde a comedia e con retranca tamén se opina”
    Jazmín Abuín, xornalista, cómica e actriz  Ver en Youtube
  • 18:30 h Pausa para o café
  • 18:45 h “Maternidades precarias: entre o privilexio e a incerteza”
    Diana Oliver, xornalista especializada en maternidade, infancia e saúde  Ver en Youtube
  • 19:30 h “Tres décadas observando e relatando o poder”
    Lucía Méndez, de El Mundo  Ver en Youtube

Sábado 16 de marzo

  • 12:00 h “Ética xornalística no tratamento da violencia machista” 
    Ana G. Liste, de praza.gal  Ver en Youtube
  • 12:45 h “Entrando en Materia: ciencia, tecnoloxía e saúde con perspectiva de xénero”
    Patricia Fernández de Lis, redactora xefa en El País e directora de Materia  Ver en Youtube
  • 13:30 h “De iso SI se fala: mulleres rompendo silencios persoais e colectivos”
    Isabel Cadenas Cañón, xornalista, escritora e documentalista sonora  Ver en Youtube
  • 14:15 h Pausa para xantar
  • 17:00 h “Vivir aquí: opinar desde o propio”
    Cláudia Morán, de Nós Diario Ver en Youtube
  • 17:45 h “Repensar o feminismo: apartheid de xénero e construción do relato”
    Noor Ammar Lamarty, activista xurídica e podcaster  Ver en Youtube
  • 18:30 h Pausa para o café
  • 18:45 h “Mellor que nunca: a revolución das mulleres +60”
    Mariola Cubells, de La Ventana daCadena SER eHuffington Post  Ver en Youtube
  • 19:30 h “Referente e pioneira: a información deportiva leva o seu nome”
    Olga Viza, xornalista e presentadora de televisión  Ver en Youtube

Inscrición gratuita | Prazas limitadas ata completar aforo

Sobre as relatoras...