A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e Airbnb

11/02/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se desenvolverán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e Airbnb.

As accións formativas inícianse este luns, 12 de febreiro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, Uso da VPN. O obxectivo deste obradoiro é fomentar o uso das VPN. Impartirao o experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O xoves 15, de 11:00 a 12:00 horas, terá lugar Airbnb: Comercialización en Liña de Aloxamentos e Experiencias, un obradoiro dirixido a persoas emprendedoras e autónomas e ás empresas do sector turístico para axudalos a converterse en anfitrións de aloxamentos e actividades . O obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.