A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e Capcut

18/02/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se desenvolverán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e CapCut.

As accións formativas inícianse este luns, 19 de febreiro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, o Phishing. O obxectivo deste obradoiro, que impartirá o experto universitario en robótica Manuel Freire, é dar a coñecer o phishing: a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva. Deste xeito, preténdese divulgar as diferentes formas nas que esta técnica se pode presentar para poder identificala con eficacia e facerlle fronte.

Ademais deste obradoiro, a oferta formativa de SmartPeme para esta semana abrangue tamén CapCut II: Crea os teus Deseños en Liña, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Esta actividade terá lugar o martes 20 de febreiro, de 12:00 a 13:00 horas, e nel ensinarase a deseñar con esta ferramenta e tamén como usar os seus modelos para as publicacións en redes sociais.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.