A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas no marco de “SmartPeme”

Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación centraranse na ciberseguridade e na fabricación dixital

03/03/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa "SmartPeme" de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades abordarán de forma telemática cuestións relacionadas coa ciberseguridade e a fabricación dixital.

As accións formativas comezan este luns 4 de marzo, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, Antivirus e Actualización do Software". Trátase dun obradoiro para dar a coñecer as medidas básicas que se deben implantar para manter protexidos os dispositivos, ben sexa a través da actualización do software, da corrección de vulnerabilidades e do uso de antivirus.

Pola súa banda, o xoves 7, de 11:00 a 12:30 horas, terá lugar o obradoiro Da Idea ao Prototipo, Eexplora o noso FabLab en Barro para dar a coñecer o FabLab que a Deputación de Pontevedra ten no polígono de Barro. Neste caso presentaranse o laboratorio e as actividades que se levarán a cabo ao longo deste ano.

Tanto o obradoiro sobre ciberseguridade do luns coma a acción formativa sobre fabricación dixital do xoves impartiraas o experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.