O Centro Príncipe Felipe acolle este sábado o recital solidario organizado polos Coribantes de Buchabade a favor de Manos Unidas
12/11/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, recibiu este martes no Pazo provincial a Banda de Gaitas e Baile Os Coribantes de Buchabade con motivo do recital solidario que celebran este sábado 16 de novembro ás 20:00 horas no auditorio do Centro Príncipe Felipe, propiedade da institución provincial. O presidente e o deputado agradeceron a formación polo seu compromiso social e animou a toda a veciñanza da provincia a asistir. Ademais, lembraron que as entradas están á venda no local social do grupo, en Ponte Caldelas, na sede de Manos Unidas na cidade de Pontevedra e tamén na tenda Musical Pontevedra. Teñen un prezo de 5 euros (con opción a mercar unha fila cero no caso de non poder asistir) e o recadado irá a favor da ONG Manos Unidas.