Luis López asiste ao acto institucional de entrega de chaves da nova residencia de maiores de Pontevedra “A Eiriña” da Fundación Amancio Ortega á Xunta de Galicia

30/10/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores ao acto de entrega, por parte da Fundación Amancio Ortega, da residencia de maiores “A Eiriña” que esta entidade construíu na rúa Paxariñal da cidade do Lérez. O mandatario provincial estivo presente nun acto institucional no que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e a conselleira de Política Social, Fabiola García, recibiron as chaves deste inmoble que dará a benvida aos seus primeiros residentes no ano 2025.