A Deputación destinará 40.000 euros a instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos no castelo de Soutomaior e no Museo de Pontevedra

Estas novas instalacións únense a outras seis xa aprobadas en outubro cun investimento de preto de 290.000 euros

18/03/2024

xunta de goberno

A Deputación de Pontevedra instalará novos puntos de recarga de vehículos eléctricos no castelo de Soutomaior e no Museo de Pontevedra, e farao grazas a un investimento de 40.000 euros no marco do programa “Moves III”, financiado cos fondos europeos Next Generation. A través desta actuación preténdese fomentar a mobilidade sostible co fin de diminuír o emprego de enerxías fósiles a favor dun sistema enerxético limpo e a súa consecuente redución de emisións de dióxido de carbono.

En concreto, tal e como explicou o presidente da Deputación, Luis López, “instalaremos un punto simple de recarga no museo, cun investimento de 10.511 euros, e dous puntos dobres no castelo de Soutomaior, cun orzamento de 32.330 euros”, para ser usados pola flota de coches eléctricos da institución provincial. No caso do museo, o punto de recarga estará localizado na zona de carga e descarga que existe no Edificio Castelao, con acceso de entrada e saída a través da rúa Padre Amoedo Carballo de Pontevedra.

Estas novas instalacións únense a outras seis xa aprobadas en outubro cun investimento de preto de 290.000 euros, en concreto no Centro Príncipe Felipe, na Estación Fitopatolóxica Areeiro, nos viveiros de empresas de Barro e Lalín, no Parque de Maquinaria e na Finca Mouriscade.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.