A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na clausura da primeira edición de Shape Future Galicia

13/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves no acto de clausura da primeira edición do Shape Future Galicia, un evento expositivo para o fomento e a defensa do sector de moldes, matrices e afíns que busca, ademais, crear un espazo que posibilite a promoción de negocios e colaboracións. Shape Future Galicia celebrouse entre o 12 e o 13 de marzo no edificio CITEXVI (Cidade Tecnolóxica de Vigo) situado no campus universitario, impulsado pola Asociación Galega de Moldistas, Matriceiros e Afíns (AGMMA) coa presenza de máis de 30 empresas.