A vicepresidenta Luisa Sánchez recibe na sede da Deputación en Vigo ao novo presidente do Real Club Náutico

13/03/2025

Luisa Sánchez  recibe ao novo presidente do Real Club Náutico

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, recibiu na sede da Deputación en Vigo ao novo presidente do Real Club Náutico da cidade, Antonio Pérez. Na xuntanza, Sánchez felicitou ao novo dirixente que será quen de liderar a entidade ata o 2029, período no que se celebrarán importantes acontecementos para o club como o centenario da súa refundación (2026). Ao respecto, a vicepresidenta tendeu a man da Deputación para colaborar co club e poñer en marcha iniciativas e propostas de colaboracións conxuntas.