O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na presentación do Pont-Up Store 2024

13/06/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da undécima edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024, promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Unha cita, como asegurou o vicepresidente provincial, que “ten como obxectivo apoiar o emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na nosa sociedade”, nunha provincia, a de Pontevedra, “cun gran carácter emprendedor e cunha longa tradición innovadora”.

Ademais, Rafa Domínguez, que animou a todos os que teñan un proxecto emprendedor a inscribirse no Pont-Up Store antes do 5 de xullo, recalcou que o goberno provincial é “moi consciente da necesidade de favorecer a cultura do emprendemento. Queremos impulsala, promovela e espallala por todos os recunchos da nosa provincia, porque hai tantas e tan boas iniciativas que non podo ser máis optimista polo prometedor futuro que ten a nosa provincia”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.