O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participa no almorzo de “Innovación e emprendemento” de Foro Empresa
28/02/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá a un almorzo organizado polo Foro Empresa no Hotel Galicia Palace baixo o nome “Innovación e emprendemento”, no que se abordaron as ferramentas de apoio a proxectos emprendedores en Pontevedra e expuxéronse casos de éxito, innovación e emprendemento.
Desta maneira, nun encontro moderado por Andrés del Río Sans, de Banco Sabadell, e Antonio de la Cruz, de EOSA, o vicepresidente provincial puido descubrir as historias de cinco empresas innovadoras de diversos sectores, como Alen Space, Beflamboyant, Galiwonders, Taste Labs e Xvalue Labs de man dos seus creadores. Ademais, Pedro Figueroa, de Pont-Up Store, e Ramón Tubío, da aceleradora AJE Pontevedra, foron os encargados de dar a coñecer ferramentas de apoio a emprendedoras e emprenderores.