O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na presentación do I Memorial Maite Méndez

12/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación do primeiro Memorial Maite Méndez, que organiza este domingo 15 de setembro o Club Baloncesto Arxil para render homenaxe á adestradora e fundadora da entidade, que faleceu o pasado mes de abril, e co que colabora a institución provincial. Domínguez aproveitou a ocasión para lembrar a Maite Méndez, “cuxo legado perdurará nas xeracións vindeiras”, asegurando que “sempre será unha referencia para esta cidade, pola súa labor incansable polo deporte feminino, o traballo en equipo e polo seu traballo pensando sempre nos demais”.

A cita, que servirá para “poñer o broche de ouro a unha semana do mellor baloncesto na cidade de Pontevedra”, enfrontará no Pavillón Municipal dos Deportes ao CB Arxil e ao AD Sanjoanense, de Portugal, e ao Perfumerías Avenida e o Ensino de Lugo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.