O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na presentación de Pontesán, a Feira da Saúde e o Benestar

16/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra no acto de presentación da quinta edición de Pontesán, a Feira de Saúde e o Benestar de Pontevedra, que se celebra os próximos días 27 e 28 de setembro na Praza de España baixo o lema “Educando en Saúde”. Unha cita que ofrecerá un completo programa que abrangue dende palestras a obradoiros, propostas lúdicas ou mesas de debate.

“O noso obxectivo, desde a Deputación, é garantir que as veciñas e veciños da provincia teñan unha vida plena, con maior benestar e, por suposto, mellor saúde”, explicou Domínguez, ao tempo que lembrou que, desde a institución provincial “impulsamos numerosos programas que contribúen ao benestar social e emocional dos habitantes da provincia, así como equipamentos e infraestruturas deportivas que contribúen a construír sociedades máis sas e activas”.