Rafa Domínguez sinala o compromiso da Deputación coa Culturgal na presentación da nova edición da feira

07/11/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra na presentación da décimo sétima edición da Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que reunirá o sector cultural cos seus públicos entre o 29 de novembro e o 1 de decembro. Na presentación, o vicepresidente provincial sinalou que a Deputación estará presente a través dun stand propio centrado no programa provincial +Escénicas e outro espazo reservado para o Museo de Pontevedra.

Rafa Domínguez lembrou tamén o compromiso da Deputación coa feira, de xeito que “este ano aumentamos o noso apoio en 10.000 euros ata chegar aos 40.000 €, en consonancia co seu propio crecemento” e tamén debido a que “Culturgal é unha das citas máis importantes da cultura galega e nós, como institución que cre na cultura, temos que formar parte dela”. O vicepresidente tamén lembrou que +Escénicas é un circuíto de teatro e danza posto en marcha por primeira vez pola institución provincial “respondendo a demanda que o sector profesional viña facendo desde facía 15 anos”. Domínguez avanzou que nos próximos días se darán a coñecer máis detalles concretos sobre a participación da Deputación na Culturgal.

Galerias de imagenes