Luisa Sánchez asiste á presentación da XI Carrera contra el Cáncer de Vigo, que se celebrará o 20 de outubro

17/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este martes á presentación da XI “Carrera contra el Cáncer” de Vigo, que organiza a asociación Vigo Contra el Cáncer e que se celebrará en Coia o vindeiro 20 de outubro. A vicepresidenta puxo o foco en que este tipo de citas demostran “no só que aos vigueses nos gusta estar en plena forma, senón que tamén somos unha cidade cunha grande implicación social e moi solidarios”. Proba disto son os máis de 35.000 € recadados o pasado ano e os máis de 240.000 acumulados desde a primeira edición, en 2013.

Sánchez agradeceu “aos organizadores e voluntarios polo gran traballo que hai detrás” e quixo darlles ás grazas “por esta gran idea que permite visibilizar a importancia e necesidade de dotar de fondos suficientes á investigación para atopar cura a esta enfermidade tan terrible e dramática”. Este ano o 90% da recadación irá destinada ao proxecto Galicervix, liderado pola doutora Isaura Fernández, do servizo de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, que quere mellorar a resposta, o seguimento e o tratamento do cancro de pescozo uterino. Ademais, como cada ano, o 10% restante destinarase ao desenvolvemento de actividades cos cativos de Oncoloxía do Cunqueiro.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.